miércoles, 7 de septiembre de 2011

Iª CARREIRA E ANDAINA D@S JORD@S. ATA UNHA HORA ANTES PODESE INSCRIBIR PARA Á PROBA (Non se garantizan ás camisetas)


REGULAMENTO:

En colaboración co C.A.R. Marisqueiro, orgaizase a Iª Carreira e Andaina d@s Jord@s, có obxectivo de potenciar o deporte entre homes e mulleres con sobrepeso, dunha forma sa, saudable e amena.
DATA E HORA:

Domingo, 16 de Outubro, ás 11,00 h. da mañá

SAíDA E CHEGADA:
Parque de Castrelos (Vigo)

@s participantes deberán estar na zona de saida unha hora antes do comenzo da proba, ó obxecto de efectuar  á pesaxe na bascula do “pataqueiro” (Bascula oficial)

PERCORRIDO E DISTANCIA:

O percorrido terá unha distancia (Carreira e Andaina) de 3,5 Km. aprox. polo parque de Castrelos (tres voltas)
PARTICIPANTES:

A carreira vai dirixida exclusivamente ás mulleres e homes con sobrepeso (80 Kg. mínimo, para mulleres, e 90 Kg. mínimo, para homes)

INSCRICIÓNS E RETIRADA DE DORSAIS:

Cuota de inscrición: 2 Euros
Retirada de dorsais: Na saída (despois da pesaxe)

Inscricións:

 *mediante abono da cuota de inscrición (2 euros) á conta nº:

 - 2080 5133 54 3000048840 de NOVACAIXAGALICIA (dende España).
 - ES54 2080 5133 5430 0004 8840 (para operacións fora de España) de NOVACAIXAGALICIA, facendo constar nome e apelidos.

As inscricións poderanse facer  a partires da data de publicación do presente Regulamento e ata o día 11 de Outubro. Tamen poden facerse media hora antes do comenzo da proba, inda que neste caso, non se garantizan camisetas .

CLASIFICACIONS E CATEGORIAS:

Como o espírito da carreira non é competitivo, senón eminentemente participativo, non haberá clasificación xeral. Establecense duas categorías para mulleres e tres para homes:

Mulleres:
Categoría A (80 a 100 Kg.)
Categoría B (101 en adiante)

Homes:

Categoría D (90 a 105 Kg.)
Categoría E (106 a 121 Kg.)
Categoría F (122 en adiante)

PREMIOS E AGASALLOS:

@s tres primeir@s clasificad@s en cada categoría

Premio especial ao participante máis orixinal

Premio especial ao participante de máis peso

Tod@s @s participantes polo feito de facelo e de finalizar a proba recibirán un agasallo da organización.

RESPONSABILIDADE:

A organización non se fará responsable de calquera lesión ou problema físico ocasionado pola participación na carreira e andaina.

A participación nas probas (Carreira e Andaina), supón a plena aceptación do presente Regulamento